VIII Torneo de Nadal Solidario da Estrada

Competición de Pádel
Estrada Padel
Inicio Inscripción
Absoluta Masculina
No se han definido fases
Absoluta Femenina
No se han definido fases
Ouro Mixto
No se han definido fases
Prata Masculina
No se han definido fases
Prata Mixto
No se han definido fases
Bronce Masculino
No se han definido fases
Veterans +90
No se han definido fases
Iniciación
No se han definido fases
Fotos Noticias Archivos
Información
Cartel del torneo
Deporte
Pádel
Ubicación
Estrada Padel, A Estrada, España
Categorías
Absoluta Masculina , Absoluta Femenina , Ouro Mixto, Prata Masculina, Prata Mixto, Bronce Masculino , Veterans +90, Iniciación
Inscripción
15/11/26 - 06/12/26
Desarrollo
Del 10/12/26 al 19/12/26
Contacto
Bruno Mato
Teléfono(s)
+34658226223
Email
padelestrada@gmail.com
Descripción
VIII TORNEO SOLIDARIO DE NADAL ESTRADA PÁDEL
2026
10-19 de Decembro de 2026
BASES DO TORNEO DE PÁDEL

1. DATA E LUGAR
O torneo celebrarase desde o xoves 10 de decembro ata o sábado 19 de decembro de 2026 nas instalacións de
Estrada Pádel (Figueroa de Arriba Zona deportiva - A Estrada).
• ABSOLUTA MASCULINA: 17-19 DE DECEMBRO
• VETERÁNS: 14-19 DE DECEMBRO
• RESTO DE CATEGORÍAS: 10-19 DE DECEMBRO

2. SISTEMA DE XOGO
Categorías Open con fase de grupos ou cascada, dependendo do número de inscritos. A organización decidirá en
función dos inscritos para favorecer o bo desenvolvemento da competición.
Nas categorías Absoluta Masculina e Veteranos, xogarase un cadro con eliminación directa sen consolación.
CATEGORÍAS:
ABSOLUTA MASCULINA (inscrición libre)
ABSOLUTA FEMENINA (cascada a Prata Femenina)
VETERÁNS (mínimo 40 anos; suma de idades da parella superior a 90)
PRATA MASCULINA (xogadores de 3.
ª categoría da Liga Galega ou inferior)
BRONCE MASCULINA (xogadores de 5.
ª categoría da Liga Galega)
OURO MIXTO
PRATA MIXTO (ambos os xogadores de 3.
ª categoría da Liga Galega ou inferior)
INICIACIÓN
No caso das cascadas: Se a organización detecta que algunha parella está a participar de maneira intencionada
para perder ou non compite co espírito da categoría, resérvase o dereito de eliminar inmediatamente esa parella do
partido, sen dereito a reclamación. A decisión da organización será definitiva e non se poderá recorrer.
A organización resérvase o dereito de cambiar parellas de categoría se non cumpren os criterios establecidos ou se
considera que o nivel da parella desvirtúa a categoría. Así mesmo, se algunha parella quere xogar por debaixo do
seu nivel na Liga FGP, por considerar que o seu nivel corresponde a unha categoría inferior, deberá consultar coa
organización, que estudará a petición e dará unha resposta.

3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Cada participante poderá inscribirse como máximo en tres categorías, sempre que unha delas sexa Veteranos ou
Absoluta Masculina. No caso de non participar en ningunha destas dúas, poderá xogar como máximo en dúas
categorías.

4. DESENVOLVEMENTO DA COMPETICIÓN
É imprescindible contar cun mínimo de 8 parellas na categoría para a repartición dos premios.
Garántense un mínimo de 2 partidos por parella, agás nas categorías de Veteranos e Absoluta Masculina.
Será posible realizar un cambio de parella unicamente antes do primeiro partido fixado do torneo, sempre que a
nova parella inscrita teña un nivel similar ou inferior ao da parella orixinal, a criterio da organización.
W.O. (Walkover): 10 minutos.
Considérase W.O. cando unha parella non se presenta, abandona antes de comezar ou non pode xogar (por lesión,
sanción ou atraso).
Un W.O. a favor conta como partido xogado para o cálculo dos partidos mínimos.
Un W.O. en contra no primeiro partido do cadro elimina automaticamente a parella desa categoría e da súa
posible cascada ou consolación.
Un W.O. en contra na fase de grupos aplicarase a todos os partidos restantes da parella no grupo.
O W.O. non exime do pagamento da inscrición.

5. PARTIDOS
Todos os partidos da fase de grupos e das primeiras roldas disputaranse ao mellor de 3 sets con punto de ouro.
En caso de empate nos grupos, darase prioridade ao enfrontamento directo. Se hai un triplo empate, utilizarase o
average de sets e xogos entre as parellas implicadas.
En todas as categorías nas que se utilice o sistema Round Robin, clasificaranse como mínimo todas as parellas que
rematen en 1.
º e 2.
º lugar para o cadro final, que comezará en cuartos ou oitavos de final segundo o número de
grupos e inscritos.

6. NORMATIVA
Xogarase segundo a normativa da FEP.
As decisións do xuíz árbitro/director do torneo serán inapelables no relativo ás regras técnicas.
Código de conduta: espérase respecto e comportamento deportivo en todo momento.
Queda prohibido:
Empregar linguaxe ofensiva ou insultos.
Realizar actos antideportivos dentro ou fóra da pista.
Causar danos nas instalacións ou no material do club.
A organización poderá sancionar con advertencias, perda de puntos ou descualificación segundo a gravidade da
falta.

7. XOGADORES
A organización proporcionará auga e bólas. Cada xogador será responsable de manter limpo o espazo de descanso.
Os gañadores deberán comunicar os resultados e devolver as bólas; de non facelo, o partido non se dará por válido.

8. DISPOÑIBILIDADE
A organización fará todo o posible para axustar os horarios á dispoñibilidade dos xogadores, pero non estará
obrigada a cambiar partidos fóra desa dispoñibilidade. Por iso, solicitamos que indicatedes e revisedes ben a
dispoñibilidade marcada, xa que unha vez fixados os horarios non se realizarán cambios de última hora.
FASE DE GRUPOS (OURO MIXTO, PRATA MIXTO, PRATA MASCULINA, BRONCE MASCULINA E INICIACIÓN)
E PRIMEIRAS ROLDAS FEMININAS: 10-15 DE DECEMBRO.
OITAVOS + CUARTOS DE FINAL (VETERANOS, OURO MIXTO, PRATA MIXTO, PRATA MASCULINA, PRATA
FEMININA, BRONCE MASCULINA E INICIACIÓN): 16-17 DE DECEMBRO.
OITAVOS + CUARTOS DE FINAL ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA: VENRES 18 DE DECEMBRO.
SEMIFINAIS: SÁBADO 19 DE DECEMBRO, QUENDA DE MAÑÁ.
FINAL: SÁBADO 19 DE DECEMBRO A PARTIR DAS 16:00 H.
Os horarios dos partidos non serán oficiais ata 24 horas antes do encontro. A organización resérvase o dereito de
incluír partidos fóra do día ou horario establecido se os xogadores están de acordo e hai dispoñibilidade de pistas.
A entrega de premios realizarase ao rematar todas as finais, acompañada dun sorteo entre os presentes, de pinchos
e churrascada con música en directo.

9. DEREITOS DE IMAXE
Ao inscribirse no torneo, os participantes autorizan a organización a utilizar fotografías e vídeos tomados durante o
evento con fins promocionais, nas redes sociais ou nos medios de comunicación.

10. INSCRICIÓN
Data límite: luns 7 de decembro de 2026 ás 23:59 h.
Inscrición en: www.xporty.com
Pagamento: en efectivo antes do primeiro partido no club.

1 CATEGORÍA: 25€ / SOCIX 20€
1 CATEGORÍA SE E VETERÁNS OU ABSOLUTA MASCULINA : 20€
2 CATEGORÍAS: 35€ / SOCIX 30€
3 CATEGORÍAS: 45€ / SOCIX 40€

No caso de inscribirse en dúas categorías, será necesario ter dispoñibilidade suficiente para disputar ambas.
Unha vez publicados os cadros, o pagamento será obrigatorio.
Co welcome pack, a organización obsequiará un suadoiro exclusivo do torneo a cada participante.
11. PREMIOS
Entregaranse TROFEOS para os campións e subcampións de todas as categorías do torneo.
ABSOLUTA MASCULINA E FEMENINA:

N.
º DE PARELLAS CAMPIÓNS / SUBCAMPIÓNS SEMIFINALISTAS
Máis de 16 parellas 350 € / 150 €/ 50 €
12-16 parellas 250 € / 100 € -
8-12 parellas 150 € / 50 € -

RESTO DE CATEGORÍAS: PALAS, PALETEIROS E MATERIAL DEPORTIVO.

12. CONTACTO
• Correo electrónico: bmato880@gmail.com / padelestrada@gmail.com
• Director do torneo: Bruno Mato (658226223)
• Xuíz árbitro: David Cancela (666351597)
Galería
Inscripciones
Plazo de inscripción
Desde el 15/11/2026 17:00 hasta el 06/12/2026 23:00.
Aplicación móvil
Descárgate nuestra aplicación

Sigue la competición desde la aplicación de Xporty.

Descarga nuestra app para iOS. Descarga nuestra app para Android.
Seguidores